Curso
INTRODUCCIÓN AO SOFTWARE LIBRE PARA PERSOAL DE BIBLIOTECAS
LUGAR DE CELEBRACIÓN
En liña. AULA CESGA.
DESTINATARIOS
O
curso vai dirixido a bibliotecarios, documentalistas e a todo aquel
interesado no tema.
DURACIÓN
E HORARIO
O curso ten unha duración de 20 horas
Calendario: do 2 de febreiro ao 2 de marzo de 2009.
TITULACIÓN
Certificado
de aproveitamento do curso.
Nº máximo de prazas: 25
PROFESORADO
Xoan Mauel Pérez Lijó
Biblioteca Municipal Ames
PRESENTACIÓN
A Biblioteca pública debe ser un elemento de alfabetización informacional que facilite á cidadanía o coñecemento e o acceso á información en formato electrónico.
Neste sentido a biblioteca debe potenciar o coñecemento sobre as diferentes alternativas existentes nas TIC e fomentar o uso de ferramentas baseadas en estándares abertos.
OBXECTIVOS
• Coñecer entornos operativos abertos.
• Coñecer ferramentas de software libre que podan ser usados en calquera entorno.
• Coñecer sistemas de xestión bibliotecaria de código aberto.
• En definitiva fomentar o coñecemento do SL e das súas posibilidades no entorno bibliotecario
METODOLOXÍA
O curso está dividido en catro módulos teórico prácticos Cada módulo complementarase con lecturas, exercicios e/ou actividades.
As actividades de cada módulo deberán ser entregadas como data límite no día do inicio do seguinte módulo.
Será necesario realizar os exercicios para contar coa certificación de aproveitamento do curso.
REQUISITOS
Computador con conexión a internet e lector-gravadora de CD/DVD
Navegador web
Procesador de textos
Lector de pdf
*En caso de non dispoñer de gravadora de CD/DVD e, no caso de o sistema operativo utilizado ser diferente a windows, será necesario indicarllo ao profesor.
*Como o curso vai desenvolverse ao redor do software libre as aplicacións empregadas serán destas características. Como parte das prácticas instalaranse e utilizaranse ferramentas libres ás que se dará acceso a través da plataforma de formación.
TEMARIO
• Introducción: que é o software libre
• A Biblioteca como medio de alfabetización informacional
• Recursos de Software libre
• Recursos libres específicos para bibliotecas
• Prácticas:
Prova dun sistema operativo linux sen instalación
Prácticas con ferramentas de software libre
Prácticas nun entorno libre: Linux
Prácticas no SIXB Koha
PRE-INSCRICIÓN
AO CURSO E PETICIÓN DE INFORMACIÓN
Remitir o
boletín de inscrición a: anabadgalicia@mundo-r.com
Unha vez recibido o boletín de inscrición, comunicarase por correo electrónico ou teléfono a reserva de praza, para que se efectúe o pagamento. Unha vez aboado, enviarase o xustificante de pagamento á asociación a través do correo electrónico ou por correo postal a seguinte dirección:
ANABAD-GALICIA
Buenos Aires, 5, 1º A
15004 A Coruña
Para realizar o curso deben cubrirse un mínimo de 15 prazas.
MATRÍCULA
Socios: 70 €
Non Socios: 100 €
O pagamento da inscrición pode realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta da entidade CAIXA GALICIA:
2091-0060-72-3040026692
Detallando:
Nome/
apelidos + título do curso
COORDINACIÓN
Isabel Buján Bernárdez
anabadgalicia.secretaria@mundo-r.com
Alba González Patiño