ARTRÓPODOS
1ª Proposta Didáctica: “Como é o artrópodo que máis nos gusta”
Buscamos por parellas na web fotografías de artrópodos. Para iso imos ao buscador de google e buscamos imaxes.
Eliximos o artrópodo que máis nos gusta. (Imprimímolo nunha folla e coloreámolo)
Describimos entre os dous por escrito como é o artrópodo elixido:
Explicamos por que nos gustou tanto.
Posta en común dos diferentes artrópodos elixidos e das descricións.
Concluímos que aspectos en común teñen os artrópodos elixidos polas parellas.
2ª Proposta didáctica: “Queremos saber máis sobre artrópodos”
(Ver artrópodos-características)
Anotamos por parellas que información limos dos artrópodos.
Como son?
Onde viven?
Como se reproducen?
Como podemos clasificalos?
Comparamos a información obtida coas descricións do noso artrópodo favorito.
A ver se sabes agora responder ao seguinte:
1. Adiviña: Que artrópodo ven ó cole sen permiso porque lle gusta moito estar cerca dos cativos? (Xogo do Aforcado) _ _ _ _ _ _
2. No cole hai un montón de artrópodos. Di ao menos tres ou catro tipos de artrópodos que coñezas e que podes atopar no cole.
Dentro do cole:
No patio:
3. Imaxina que es un artrópodo... cal che gustaría ser? Por que?
4. Cal é o artrópodo que máis salta? E o que máis corre?
5. Cales son os artrópodos que máis nos molestan no verán?
6. Coñeces artrópodos ós que lles guste moito vivir en grupo? Cales?
7. Cal é o artrópodo máis útil para o ser humano? Unha pista... produce mel. (A pista non será moi evidente???)
3ª Proposta Didáctica: “A simetría bilateral”
4ª Proposta Didáctica: “Comentamos unha noticia”
| http://www.elpais.com/ Debuxade por parellas o insecto pao máis grande do mundo a tamaño real. Recordade os datos que proporciona a noticia. Debuxade o anterior insecto pao atopado. Cal sería o seu tamaño se medía 2,9 centímetros menos? |
Posta en común
5ª Proposta Didáctica: “Artrópodos de fai 4500 millóns de anos".
Sabedes dende cando existen os artrópodos?
Quen credes que existiu antes o home ou os artrópodos?
Como imaxinades os artrópodos prehistóricos? Debuxamos un artrópodo prehistórico entre todos e todas, tomando como referencia os datos que aparecen na seguinte noticia.
6ª Proposta Didáctica: "Preguntas para ir máis aló"
Por que existen os artrópodos? Son necesarios? Son inútiles? Son beneficiosos ou prexudiciais? Por que?
¿Que pasaría se desaparecesen os artrópodos da terra? É importante a súa conservación? Porque?
- Que pasaría se morresen todas as abellas do mundo?
- Que hai no mundo, máis artrópodos ou máis seres humanos? Cantos máis?
- Os artrópodos son "bos" ou son "malos"? Dá as túas razóns.
- Todos os mosquitos son "malos"?
http://entomologia.rediris.es/
¿Canto vale un mosquito?