O concello de Bueu organiza un concurso de carteis para conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional da Non Violencia contra a Muller onde pode participar todo o alumnado do terceiro ciclo.

Imos facer unhas actividades que nos axudarán a conseguir un premio:


1. Visitamos este enlace. Aquí atoparedes uns cantos carteis que tiveron premios. Cada alumno e alumna ten que seleccionar un deles explicando as razóns da súa elección, e despois entre toda a clase elixiremos os tres que nos parezan mellores.

Exemplo:
a) Este cartel gústame porque di moito dunha maneira sinxela. Os dous collidos da man pero coa muller boca abaixo expresando a súa submisión, e por tanto fai ver o poder que exerce o home sobre a muller.













2.Traballamos na clase a actividade do triángulo da violencia. Recordas cales son os tipos de violencia? Podes atopalos no seguinte enlace. (ó final desta páxina). Anótaos a seguir explicando brevemente cada un deles.

1.

2.

3.

4.


3. Agora entre todos imos facer un remuíño de ideas positivas para inspirar o noso cartel, e anotámolas aquí.

.
.
.
.
.

.
.
.
.








4. Agora só toca poñerse mans á obra!!








Tipos de violencia


Física: cando unha persona recibe dano no seu corpo. Por exemplo: a través de golpes, patadas, empurróns, fracturas, mutilacións, disparos, torturas.

Psicolóxica ou emocional: son todos aqueles actos e expresións que ofenden, humillan, asustan, ameazan ou atentan contra a autoestima da persoa. Por exemplo: cando se lle di a alguén inútil, bruto, ti non serves para nada, se lle ameaza de morte, se lle impide sair á rúa, visitar a familia e ter amigos e amigas.

Sexual: cando unha persoa é obrigada a realizar actos sexuais que non desexa. Por exemplo: ter relacións sexuais que non quere, así sexa coa parella, a exercer a prostitución ou a pornografía.

Económica: cando á persoa se lle quita o diñeiro que gaña, se lle impide gastalo en beneficio seu ou da súa familia, ou  se lle nega o diñeiro para controlar  a súa independencia.

Todas estas forma de violencia son consideradas delito e son sancionadas pola lei.