Exercicio 4
Estuda as explicacións sobre fondo amarelo e realiza os tres exercicios nos recuadros azuis.
Copiar
|
Cortar
|
Pegar
|
Exercicio 4A 1.
Selecciona e copia o texto do cadro A en o cadro B.
No cadro B corta e pega os parágrafos para ordenalos seguindo a numeración. Se necesitas facerlle sitio a un parágrafo, sitúa o cursor e pulsa a tecla Entrar. Ao terminar, borra os parágrafos baleiros. Se nalgún momento te equivocas, recorda que existe o botón Desfacer.
Cadro A (Cinco)
|
Sendo moitas as mulleres que realizaron grandes achegas á informática só Ada Lovelace conta cunha linguaxe de programación que leve o seu nome: a linguaxe de programación Ada. (Catro) Seguiu estudos particulares de matemáticas e ciencias, sendo un dos seus titores Augustus De Morgan, primeiro profesor de matemáticas da Universidade de Londres. Autodidacta, desde mozo traballou con Charles Babbage. a quen se lle considera comoe l pai das computadoras, grazas a que a súa "máquina analítica" funciona co mesmo principio que as computadoras actuais. (Tres) O 8 de Xullo de 1835 casou con William King, oitavo barón de King, nomeado máis tarde Conde de Lovelace. O seu nome de casada pasou a ser desde entón Lady Augusta Ada Byron King, Condesa de Lovelace, nome do cal nace a súa denominación moderna de (Lady) Ada Lovelace. (Dous) Ada Lovelace naceu en Inglaterra, única filla lexítima do poeta inglés Lord Byron e de Annabella Milbanke Byron. Os seus pais separáronse legalmente cando ela tiña dous meses de idade. O seu pai abandonou definitivamente Gran Bretaña e a súa filla nunca chegou a coñecelo en persoa. (Un) Ada Byron King (10 de decembro de 1815 - 27 de novembro de 1852), foi a primeira programadora na historia das computadoras. |
Cadro B
|
|
Exercicio 4B
Como non es un estudante moi aplicado, o profesor mandouche copiar 20 veces a frase “Debo facer sempre os deberes”. Faino no recuadro seguinte. Cópiaa unha vez e pégaa 20.
|
|
Arrastrar e soltar
|
“Arrastrar e soltar” permíteche cortar e pegar nunha soa operación:
Tamén podes copiar texto con esta técnica se mantés pulsada a tecla Ctrl. |
Exercicio 4C
Arrastra cada palabra do cadro C e sóltaa detrás do número correspondente do cadro D (están ordenadas). Se os cadros C e D quedáronche en páxinas diferentes, sitúa o cursor diante de Cadro “ C” e pulsa a combinación de teclas Ctrl Entrar para inserir un salto de páxina.
Cadro C
|
instrucións Babbage taller xeito calcular traballaron computadora esquecido |
Cadro D
|
Desenvolveu (1) para facer cálculos nunha versión temperá do computador. A súa relación con Charles (2) , o home que inventou a primeira computadora, comezou cando ela visitaba a súa (3) a temperá idade. Babbage estaba moi impresionado coa (4) en que ela entendía a súa computador para o que escribiu un programa que permitiría (5) os valores dos números de Bernoulli. Logo, el pasou a ser o seu titor e máis tarde (6) xuntos. Publicou en 1843 unha serie de influentes notas sobre a (7) de Babbage, a súa Inxenio Analítico, que nunca chegou a construírse. Na súa notas, Ada Augusta di que o Enxeño Analítico só podía dar información dispoñible que xa era coñecida: viu claramente que non podia orixinar coñecemento. O seu traballo foi (8) por moitos anos, atribuíndolle exclusivamente un papel de transcriptora das notas de Barbbage. Este mesmo caracterizou a súa achega ao chamala o seu intérprete e recentes investigacións mostran a orixinalidade do seu punto de vista sobre as instrucións necesarias para o funcionamiento do Enxeño Analítico. Neste momento recoñécese a Ada Byron como a primeira persoa en escribir unha linguaxe de programación de carácter xeral interpretando as ideas de Babbage, pero recoñecéndoselle a plena autoría e orixinalidade das súas achegas. |