Exercicio 3

Estuda as explicacións sobre fondo amarelo e realiza o exercicio final no recuadro azul.

Seleccionar

  • Co rato:

  • Sitúa o punteiro do rato no punto de inicio da selección, pulsa o botón esquerdo, despraza o punteiro ata a posición final e solta o botón.

  • Fai dobre clic sobre unha palabra para seleccionala.

  • Fai tres clics rápidos sobre unha liña para seleccionala.

  • Co teclado:

  • Usa as teclas de dirección (as frechas, a tecla Inicio e a tecla Fin) para situar o cursor no punto de inicio da selección, pulsa a tecla Maiúsculas e, sen soltala, volve desprazar o cursor coas teclas de dirección ata a posición final. Tamén se poden usar estas teclas para estender ou reducir unha selección previa.

  • Pulsa as teclas Ctrl A para seleccionar todo o documento.

  • Co menú:

  • Usa a opción Seleccionar todo do menú Editar para seleccionar todo o documento.

Borrar

  • Sen selección:

  • Usa a tecla Supr para borrar o carácter que está á dereita do cursor.

  • Usa a tecla Retroceso para borrar o carácter que está á esquerda do cursor.

  • Con selección:

  • Usa calquera das dúas teclas para borrar o texto seleccionado.

Desfacer

Esta función serve para desfacer a operación inmediatamente anterior; se a executamos dous ou máis veces consecutivas, desfaremos as dúas ou máis operacións previas. Hai tres formas de invocala:

  • Pulsando o botón Desfacer da barra de ferramentas.

  • Mediante a opción Desfacer do menú Editar.

  • Pulsando a combinación de teclas Ctrl Z.

Exercicio

Para practicar o anterior, borra todo o texto en vermello no recuadro seguinte. Se te equivocas, usa a función desfacer. Borra tamén os espazos e saltos de liña duplicados que poidan aparecer ao borrar o texto en vermello.

A comezos do século XIX, o inglés Charles Babbage adiantouse á súa época ao deseñar a máquina máquina diferencial e e a máquina analítica, primeiras computadoras mecánicas que, sen emmbargo, non non foron foron construídas en vida do científico.

Ata 1991 non se construíu a súa máquina analítica, que se programou Ata 1991 non se construíu a súa máquina analítica, que se programou mediante fichas perforadas, grazas á idea da condesa Ada Lovelace Ada Lovelace (filla de Lord Byron e colaboradora con Babbage) que suxeriu o uso cartóns de xeito repepetida cun propósito simmilar ao que teñen as subrutinas de hoxe en día. Ada Lovelace está considerada como que suxeriu o uso cartóns de xeito repetido cun propósito similar ao que teñen as subrutinas de hoxe en día. Ada Lovelace está considerada como a primeira programadora da historia.

a primeira programadora da historia.

A principios dos anos 40, Howard H. Aiken, da Universidade Universidade de Harvard, construíu o primeiro computador moderno o primeiro computador moderno, Mark II, que funcionaba con relés, programábase con interruptores interruptores e lía os datos de cintas de papel perforado.