CHAMADA PARA CREAR COMISIÓNS INTERNACIONAIS

POLA INSURXENCIA DUNHA NOVA INTELIXENCIA!

A todol@s estudantes que estean interesad@s na construción dunha rede internacional de pensamento e de loita, comunicámosvos que foi constituída a comisión internacional a partir da asemblea do Reitorado ocupado da Universidade de Barcelona en apoio a tódolos movementos estudantís locais e globais que están loitando contra a política neoliberal europea. Esta asemblea naceu como unha maneira espontánea e compartida para reunirnos cos movementos estudantís europeos. Somos unha estrutura horizontal que quere desenrolar unha nova intelixencia compartida e libre, temos como finalidade os seguintes obxectivos:

• Comprender as diferentes realidades de loita auto xestionada que @s estudantes están realizando nos diferentes países influídos polo fascismo polo individualismo da política neoliberal (parte dela apunta directamente, pasando por Bruxelas, à nova perspectiva de educación e de vida que nos toca a tod@s ).

• Comprender os puntos en común que teñen os movementos para extraer unha crítica e unha alternativa compartida.

• Comezar a construír unha rede de contactos internacional para lanzar a constitución dunha internacional estudantil centrada no intercambio de informacións e na coordinación de accións conxuntas.

Convídase à xente que estea interesada neste tema a pórse en contacto con nós a través da nosa dirección de correo electrónico, para colaborar directamente nas asembleas que se convocan ou para proporcionar materiais e contactos con persoas doutros movementos estudantís europeos e de fóra da Europa. Este documento non pretende representar a ninguén senón que parte da nosa vontade de construír outras comisións internacionais para unha comunicación máis rápida entre nós, pola elaboración dunha crítica unida e a coordinación de accións conxuntas a nivel europeo.



POLA INSURXENCIA DUNHA NOVA INTELIXENCIA!

DIFUNDE COPIA E COMPARTE!



Comisioninternacional@mail.com