CAPACIDADES TÉCNICAS DO PROFESIONAL DE MANTEMENTO
- Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos en que está involucrado; comprende-la función dos diversos equipos e máquinas e mantelos cos niveis de fiabilidade e dispoñibilidade establecidos, co obxecto de alcanza-los obxectivos da producción.
- Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación e outras informacións asociadas ós equipos e á producción que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
- Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.
- Realiza-las operacións de montaxe estacionaria de maquinaria, equipos electro-mecánicos e os sistemas auxiliares para o seu funcionamento, realizando as operacións necesarias de axuste de elementos e conexionado ós sistemas.
- Realizar operacións de instalación en planta de maquinaria, ensamblando subconxuntos, conexionando ós sistemas auxiliares e asegurando o funcionamento das máquinas.
- Diagnosticar estado de elementos das máquinas utilizando os procedementos de medida e programas informatizados de autodiagnose, seguindo un proceso de relacións causa-efecto establecido.
- Operar e controla-los diferentes equipos, máquinas e ferramentas de forma autónoma e en condicións de seguridade, coa técnica adecuada á producción, atendendo a prioridades stablecidas e a principios de rendibilidade, calidade e prazos esixidos.
- Interpretar e comprende-la información dos instrumentos de control e medida co fin de detectar posibles anomalías de funcionamento e poder intervir sobre a máquina ou sistema para obte-lo producto dentro das tolerancias e calidade admitidas.
- Actuar en todo momento cumprindo coas normas de seguridade persoal e medioambientais.
- Valora-la repercusión na producción do tempo de parada das máquinas, procurando que sexa mínimo o tempo empregado para a reparación e asegurando que esta se realiza coa fiabilidade, calidade e seguridade adecuadas.